InicioEconomíaNova avaría no tren Ribadeo-Ferrol, na única viaxe diaria que se mantén...

Nova avaría no tren Ribadeo-Ferrol, na única viaxe diaria que se mantén nese sentido

Os pasaxeiros deberon ser trasladados en autobús desde Ortigueira; o convoi levaba un atraso dunha hora na súa chegada á vila ribadense desde Oviedo

Publicada o

- Advertisement -

Usuarios da liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo denunciaron este luns unha nova cancelación no servizo, neste caso en Ortigueira no tren Oviedo-Ferrol, que sae da capital asturiana ás 7.34 horas para chegar á cidade departamental ás 14.44. Trala avaría do convoi os pasaxeiros foron trasladados aos destinos en autobús, cun atraso considerable, xa que á altura de Ribadeo a demora era de aproximadamente unha hora.

A Plataforma pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo lembra que o norte de Galicia veu reducido o servizo de ancho métrico “nun 75%” desde o inicio da pandemia do coronavirus, dado que con anterioridade facíanse catro percorridos diarios por sentido, mentres que agora só hai un por dirección, condicionando Renfe a recuperación das outras tres viaxes “de aumentar a demanda”.

A agrupación considera que Renfe “está a aproveitase da pandemia para destruír desta maneira os servizos ferroviarios. Lamentarémonos cando nos quiten o tren definitivamente, cando non sexa útil nin para ir ao traballo, nin ao médico, nin ao instituto, nin tampouco para o turismo“, reflexiona o colectivo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...